Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte

A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte
Xente comarea na fervenza do Ezaro nocturna

Sen lugar a dúbidas, se hai que buscar unha protagonista a esta Semana Santa, pese a quen lle pese, esa foi a Fervenza do Ézaro. Milleiros de visitantes da zona e de todo o país (disque pasan 50.000 ao ano, e aínda non parecen poucos) achegáronse ata o lugar para disfrutar da única fervenza, da península, que desemboca no mar.
Visitantes chegados de todas partes, sobre todo galegos, pero seguidos moi de preto por asturianos, madrileños e cataláns. Pero ollo, que como nos contan dende o punto de información do Ézaro, tamén houbo xente de Francia, Inglaterra, Miami, Uruguai... "un remexido de países!"

E o fixeron a pesar do tempo. Ou máis ben terían que darlle as gracias, que as continuas chuvias deixaron ver a mellor cara deste gran tesouro natural. E iso que non hai apenas un par de meses que a viamos case completamente libre, sen as ataduras dos encoros, cun caudal case 100 veces superior ao habitual. I é que hai que lembrar que "antigamente a súa columna de auga vaporizada elevábase tan alto que orientaba a navegación", como nos recordan os amigos da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Sucedíanse os atascos nos aparcadoiros da ensenada (que podedes comprobar a través da webcam instalada da man dos compañeiros de Ezaro.com), e a oficina de Turismo non daba a basto. E de noite a presencia tamén foi esaxerada, dando conta de que un espectáculo coma este, a tan pouco custe, é un aliciente impresionante para atraer o turismo.

Ambientazo na Cascada do Ezaro todo o dia-Foto-Ezarocom

20 anos para decatarnos

Reafírmase así a Cascada do río Xallas como un dos atractivos turísticos con máis potencial. Gracias á boa promoción dende o departamento de turismo do Concello Dumbriés e o seu punto de información, e sobre todo, gracias a ter auga, este espazo natural pode ser un dos puntos de disfribución de visitantes. O importante, que os que cheguen ao Ézaro, saiban que enriba hai un Olimpo Celta; que aló enfronte está a fin do mundo; que en Muxía hai un santuario de peregrinación histórica, que en Muros e Corcubión hai dous cascos históricos preciosos, que a 15 minutos hai un centro urbano con todos os servizos…
Unha coidada atención ao visitante, algo que o Faro Fisterra, a pesar un dos puntos máis visitados de toda Galicia, segue sen facer.

Cómpre lamentar os 20 anos perdidos sen auga, dende unha surrealista inauguración da fervenza dominical, ata que a denuncia dunha pequena entidade ambiental obrigou a liberar a cascada en abril de 2011 para que nos deamos conta do tesouro que estivemos desaproveitando.

Aquí vos deixamos coas visións de Marcos Rodríguez e Daniel Duarte:



Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios