O concurso #DumbríaÉ xa ten 12 gañador@s

Esta fin de semana tivo lugar no Conco, a entrega de premios do concurso fotográfico DumbríaÉ 2025. Unha nova edición do concurso fotográfico organizado polo Concello de Dumbría no que houbo un total de 63 participantes, que aportaron 298 fotografías.

A variedade de imaxes presentadas fixeron moi complicada a elección das fotografías gañadoras. Non se valorou unicamente a calidade técnica das mesmas, senón tamén o seu carácter etnográfico e representativo do que é Dumbría.

De entre elas, o xurado elixiu as doce gañadoras:

  • SAMUEL LÓPEZ. NATUREZA VIVA
  • ZAIRA LAGO. TARDE DE TRABALLO NA LEIRA, EN ALVARELLOS
  • LUCÍA CAMBEIRO. UNHA NOITE DE ESTRELAS DESDE BUXANTES
  • ENRIQUE VARELA. A PEDRA CABALGADA
  • DIANA RAMOS. PANORÁMICA DENDO O MIRADOIRO DO ÉZARO
  • CAROLINA PÉREZ CAPELO. UN DÍA DE OUTONO PASEANDO
  • ABEL CASTRO. NÉBOA
  • TANIA MACÍAS BOUZA. O VÁKNER E O SANTIAGUIÑO
  • SORAYA SENRA SANTABAYA. PLANTANDO A HORTA
  • MICHAEL GRILLE SANTIAGO. SOLPOR DENDE A PONTE DO ÉZARO
  • LEONARDO MOREIRA LEMA. OS PENDELLOS DA PONTE OLVEIRA
  • MACARENA CAPELO. TEMPO DE COLLEITA EN DUMBRÍA


Os  premios son un total de 12 bonos, de 100 € cada un, para consumir nos establecementos hostaleiros dumbrieses participantes nesta campaña.
O alcalde do concello de Dumbría quixo agradecer a participación de todas e todos e a labor do xurado.

A concelleira María Lema subliñou a dificultade da elección e destacou que o concello empregará toda as fotografías participantes nas distintas campañas de difusión que se realicen ao longo do vindeiro ano.