A Devesa da Lúa acolle a Festa da Familia, a romería máis bonita do Concello de Dumbría
𝗔 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗙𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮, que se celebra 𝗼 𝟐𝟏 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 na Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas, é unha das citas imprescindibles no Concello de Dumbría. Nesta xa 22ª edición, é unha sesión inexcusable para a meirande parte de familias do Concello. De feito, aseguran que o ano pasado superáronse as 4.000 persoas, unha cifra espectacular tendo en conta que Dumbría non chega aos 3.000 habitantes.
Porque ninguén quere perder unha romaría das de sempre, a carón do río, no que as familias as familias pasan o día comendo, bailando e cantando acompañadas polos gaiteiros.
A Devesa da Lúa
Cóntanos o noso Modesto García Quintáns que “o terreno ocupado sería do orden de 2,3 Ha. (54 ferrados) coñecido como Devesa da Lúa. Recordemos algo de historia. Este terreno foi afectado pola famosa Lei da Desamortización de Mendizábal do ano 1867 que abarcaba as leiras da Cortiña, Os Castros, O Herbal, Leira do Cruceiro, Leira do Capitán, Leira da Horta, Leira do Naranxo e o Herbal do Muíño. Toda esta xuntanza formou unha carballeira collendo o nome da Devesa da Lúa”.
Datos
Para a festa, haberá unha pulpeira na que se poderán mercar diversas racións: polbo á feira, churrasco, criollos,... Non faltarán as actuacións musicais das orquestras Gran Parada e Principal, da charanga O Rumbo e do grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela.
Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do día 17 de xullo.