Dous feridos e un excarcerado nun accidente en Olveiroa
16 de xaneiro de 2026 (10:07 h.)
Dúas persoas resultaron feridas este venres nun accidente de tráfico acontecido esta mañá de venres 16 de xaneiro. Eran arredor das 7:00h cando se produciu unha colisión entre dúas furgonetas na DP-3404, no quilómetro 21, ao seu paso pola parroquia de Olveiroa, en Dumbría.
Dúas persoas resultaron feridas, e unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros ao quedar atrapada no interior do vehículo. Ambas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia. Ademais dos Bombeiros de Cee, e do 061, o 112 deu aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.