Dumbría forma en materia de comercio electrónico

A Unión de Consumidores de Galicia organiza unha acción formativa (teórico-práctica) sobre Comercio Electrónico Seguro en Dumbría. A cita, aberta a toda a veciñanza, será o martes 12 e novembro, ás 17:00h nas Instalacións Municipais do Conco – Dumbría, e servirá para perder o medo tendo as ferramentas axeitadas para saber onde podo, e onde non debo comprar por internet.