Dumbría prepara unha fin de semana en Familia

Esta fin de semana vén cargada de actividades para toda a familia no concello de Dumbría.
O sábado 30 de xullo, celebran o Ano Europeo da Xuventude con actividades para a mocidade, organizadas polo centro Europe Direct A Coruña, da Deputación da Coruña, e o Concello de Dumbría.
A partir das 18:30 h., na Fervenza do Ézaro, teremos obradoiros de circo: malabares, acrobacias, equilibrios e aéreos. Ás 20:00 h., espectáculo de circo-danza performance e, a continuación, sesión de DJ. Pola noite, iluminación da Fervenza do Ézaro.

P domingo 31 de xullo, regresa á Devesa da Lúa, na carballeira de Berdeogas, a Festa da Familia. Nesta vixésima edición, disfrutarase do tradicional xantar ao aire libre e instalarase unha pulpeira, que venderá racións de churrasco e pulpo.
Haberá inchables para os pequenos/as e a Banda de Gaitas Invernía, a charanga O Rumbo, os gaiteiros Flor do Toxo e a Agrupación Coral Chan das Lamas serán os encargados de amenizar a xornada.
Pola tarde, actuación do Grupo Garibaldi e da Orquestra Ritmo Xoven.

Novas relacionadas