Dumbría volveu reclamar á Xunta un Campo de Slalom oficial na Copa de España de Novas Promesas

Brais Sánchez foi Bronce en C1 Infantil na reivindicativa proba dumbriesa

O Santiagotarrak de Irún gaña a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom, e Brais Sanchez Cancela, do Piragüismo Dumbría, foi Bronce na categoría Infantil C1.

O Campo de Slálom de O Couquiño acollía un ano máis a Copa de España de Novas Promesas de Slalom. Un Campo que volveu vivir unha xornada reivindicativa, despois de acoller fai apenas unha semana a Copa Galega, reavivando as reivindicacións para conseguir por parte da Xunta de Galicia o permiso para a adecuación dun tramo de 300 metros do rio Xallas para poder dispor dunha instalación deportiva tan necesaria para o piragüismo galego, para que os nosos deportistas non teñen que marchar de Galicia cando alcanzan un certo nivel, e que ademais podería acoller competicións internacionais, concentracións de equipos nacionais e estranxeiros, e que xeraría máis de 100 postos de traballo nunha zona que está sufrindo o despoboamento sin prexudicar ningunha outra actividade coma a pesca, e dunha maneira ecolóxicamente sostible.

Segundo o club, o coste da adecuación do cauce rondaría os 100.000 euros, pero o impacto económico da canle na zona non baixaría nunca dos 500.000 euros anuais. Durante a proba se distribuíron uns adhesivos conmemorativos que foron repartidos entre os deportistas para que os luciran durante a proba.

En canto á competición en si, foi gañada polo Club Santiagotarrak de Irún, seguido no podium polo Club Cadí de La Seu d ́Urgell e do Atlético San Sebastián. O primeiro club galego foi o Club Penedo cuarto, quedando o Piragüismo Dumbría nun dignísimo sétimo posto. Os dumbrieses Marcos Sanchez Cancela e Martín Fernandez Romar navegaron sempre cos mellores clasificados, logrando colarse na categoría C1 infantil entre os 5 finalistas. Brais fixo unha boa final logrando o bronce, e Martín nos prolegómenos da saída tivo un pequeno accidente que o lesionou impedíndolle tomar a saída na mesma. Tamén se celebraba unha competición na categoría Cadete, que aínda que non repartía puntos, tivo unha boa participación, e na que a vimiancesa Alexia Canosa foi bronce.

Con estas dúas competicións que se celebraron no Campo de Slálom de O Couquiño, pois

Novas relacionadas