Entregadas as obras da BUO
23 de xaneiro de 2024 (13:23 h.)
Xa o anunciaban a semana pasada, pero onte foi o día da visita institucional. O conselleiro do Medio Rural, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, acompañado polo alcalde Raúl González, realizou unha visita técnica a Base de Unidade Operativa de Dumbría (BUO), despois dunha actuación permitiu a mellora das súas instalacións e a renovación do seu mobiliario.
A edificación sirve como punto de encontro do persoal das brigadas forestais, para as que se pretende favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.