Evacuado en helicóptero ao ser atropelado nunha estrada de Dumbría

Un ciclista que sufriu un atropelo en Dumbría, no punto quilómetro 22 da DP-3404, tivo que ser trasladado no helicóptero medicalizado do 061 ao centro hospitalario de referencia. Alertaba un particular arredor das 14:30 da xornada do luns.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos servizos sanitarios, así como aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría.