Un home aparece morto no río en Olveiroa
11 de abril de 2026 (09:31 h.)
Un home perdeu a vida un home tras caer o río na parroquia de Olveiroa, no concello de Dumbría. Ao parecer o home estaría pescando no Xallas.
O operativo activouse ás 18:10 da tarde deste venres 10 de abril, trras recibir o 112 Galicia a chamada dun particular, quen alertaba da caída e indicaba que, polos signos que presentaba, a persoa podería estar xa falecida. Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Cee, Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade foron cara o lugar, pero só puideron confirmar o falecemento do home.