Suso Túñez Castro toma posesión como concelleiro do BNG de Dumbría

No pleno do Concello de Dumbría celebrado este mediodía de xoves 4 de xaneiro, tomou posesión Jesús Manuel Túñez Castro como novo concelleiro do BNG. Túñéz é natural do lugar de Buxantes e sustitúeno cargo a Alba Cambeiro Cernadas, que hai dous meses presentou a dimisión por razóns persoais.

O grupo asegura que se abstivo no punto sobre os orzamentos municipais de 2024 porque "non foi tido en conta na súa elaboración". O voceiro nacionalista, Xaime Trillo, remarcou que “non se nos chamou a ninguna comisión para que participáramos na confección dos orzamentos”.

Os nacionalistas lamentan ademais que o equipo de goberno votase en contra dunha moción para impulsar a participación cidadá. A iniciativa buscaba “iniciar os trámites precisos para artellar os mecanismos necesarios para regular a participación de asociacións políticas, veciñais, culturais, deportivas ousectoriais na vida municipal”

Alén, a moción nacionalista suporía “adoptar un regulamento de participación cidadá que permita a participación e presenza directa nos Plenos de veciños e veciñas a título individual para a defensa dos seus intereses”.