InicioMOV. SOCIAISMaría Pilar, a nai á que lle esixen pagar a limpeza do...

María Pilar, a nai á que lle esixen pagar a limpeza do accidente que acabou coa vida do seu fillo: “Existe a violencia vial”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Parece un guión de tarde de domingo de A3, pero a realidade supera moitas veces a ficción. María Pilar Rosanes revive estes días a dor infinita que supón perder un fillo. Perder un fillo na estrada, pola imprudencia, pola temeridade doutro ser humano, e o Consorcio de Bombeiros da Deputación da Coruña acaba de recordarllo, restregarllo pola cara, con esta carta.

Coa convicción de parar esta masacre que pasa cada día, María Pilar non vai parar de loitar. “A todos nos pasa o mesmo. Todos temos un Josep, non coñezo unha persoa que non perdese alguén nun accidente de tráfico. Pero a única diferencia do meu fillo co resto de Joseps, é que a súa escribe e fala”. Así de rotunda nos traslada a súa indiganción pola misiva, pero tamén pola indefensión que sinte ante unha Lei, a 379, insuficiente. “Hai que modificar a lei, hai que modificar a percepción da sociedade respecto á percepción destas mortes. Non son grautitas, e poden ser evitadas, os condutores só teñen que respectar as normas básicas”, sinala con rabia e contención.

Existe a violencia vial, existen delincuentes ao volante. Os coches son armas, e a lei ten que recollelo. Non pode ser que para ser delito teñas que ir a 221km/h por unha autopista, a 151 por unha estrada ou a 111 nunha cidade”.
”Aí imos, imos cambiar esa lei. Eu ao meu fillo non podo salvalo, pero cando escoito unha noticia así, mo matan otra vez”.

De Cataluña a Galicia

Josep Boan i Reanes coa sua moto por Galicia

A historia de Josep Boan i Rosanes parte dunha infancia estupenda. De avós galegos, de pequeno nunca pisou a nosa terra. “El sempre pedía ir a Galicia, a terra dos seus avós, pero eu sempre lle dicía que alí acababa o mundo, que como iamos facer 1000 km para ir onde acaba o mundo. Así que tirábamos para Florencia ou outros sitios de viaxe”.
Estudante de Historia, levaba anos afondando sobre a terra dos seus avós, e “estaba namorado da Torre de Hércules, da lenda de Breogán, do Finisterre…” relátanos a nai. Así que con 20 anos, “a súa primeira viaxe grande en moto, foi co seu pai cara Galicia”.

”Visitou a Coruña, sacou fotos na Torre de Hércules, e ao día seguinte foron a Fisterra”. Foi na volta cara Santiago, cando se cruzou con Asier G.S. na AC-552, a altura do Concello de Dumbría. Colleu unha curva a un mínimo de 130km/h nunha zona na que tiña que ir a 70, e o coche bateu contra a moto de Josep, que saíu proxectado, ante a mirada do seu pai, que viaxaba a unha distancia de seguridade (ambos circulaban a 63 km/h).

Accidente de moto de Josep en Dumbria
Imaxe do accidente @Quepasanacosta

”Todos nos temos pasado algo ao volante, pero coller unha curva de 70 a 130… como é posible que non sexa condución temeraria? Pois así é a lei 379, a lei que imos cambiar”, sinala rotunda e convencida sen entender o feble que é a lei con estes sucesos.

”Gústame pensar que a última terra que pisou foi Fisterra. Agora é a súa terra. E a miña tamén”.

A Carta

Se ben dende o Consorcio de Bombeiros da Deputación Coruña xa se apuraron a sinalar nalgún medio que a carta “foi un erro” e ía ser eliminada, o feito de recibila foi un duro varapau, e polo menos ata a noite deste martes 10 de outubro, ninguén do ente provincial se puxo en contacto con ela para pedir desculpas.

Repasa primeiro como foron aqueles días despois do accidente, con “eternas esperas, atestados, abogados… as torturas da xuíza e da fiscal, que te tratan como un delincuente…” e enlaza coa carta. “Tempo despois, cando solicitamos que nos enviasen as cousas de Josep que se puideron atopar no accidente, dixéronnos que as tiraran todas. Pero cando chegou ao buzón o recibo da chegada da carta da Deputación, que recollimos onte pola mañá, pensamos que alguén encontrara algo, unhas botas, un cinturón… Pero non, atopámonos con isto que de destroza o corazón…”

A outra carta

Este pasado mes de xuño enviaba esta carta ao “homicida do seu fillo”:

 

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

Enrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o seu peche no escaparate da rúa San Andrés

O escultor coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here