Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un falecido tras un accidente de moto en Dumbría

IMG_20200809_171200
Un falecido tras un accidente de moto en Dumbría

Eran as 14.15 cando acontecía un sinistro mortal tras unha colisión turismo-motocicleta no PK 1,800 de AC-442, ao seu paso por Berdeogas, término municipal Dumbría. O motorista, un mozo de 20 anos, falecía, quedando os 3 ocupantes do vehículo feridos de carácter leve.

Dáse a circunstancia de que o pai do motorista foi testemuño do accidente, pois ía detrás do fillo noutra moto.

A Garda Civil prosegue a investigación e vai facer as probas de drogas e alcohol aos feridos, que foron trasladados ao Hospital de Cee.

Accidente de moto mortal en Dumbria

Comentarios