Novo accidente de tráfico en Berdeogas
02 de setembro de 2024 (01:22 h.)
Poucos días despois do tráxico accidente de tráfico que tivo lugar en Berdeogas (Dumbría) e no que faleceu un matrimonio de Vimianzo, o pasado sábado á tarde rexistrábase un novo choque frontolateral entre dous turismos. Unha persoa quedou atrapada polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee para a súa excarceración.