O Concello de Dumbría segue formando en novas tecnoloxías

Dous novos cursos relacionados cas novas tecnoloxías que abre o Concello de Dumbría, pensado para profesionais.

O primeiro curso, de 15 horas, leva por título "A túa empresa na rede". Está pensado para os autónomos, as pequenas empresas e para os que teñan ganas de crear e xestionar un espazo dixital para un negocio.
Neste taller axudarán a crear unha páxina web gratuita (blog) onde ti poderás ir engadindo nova información, a situar o teu negocio no Google Maps para que calquera poida atoparte na rede.

O segundo curso, de 12 horas sobre o "Retoque fotográfico e de imaxes con Gimp", servirá aprender a facer álbumes dixitais, retocar fotos ou dixitalizar as túas fotos antigas, neste taller aprenderás a facelo dun xeito sinxelo e rápido.

Para asistir a estes cursos é necesario inscribirse antes do 20 de novembro. Podes facelo nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001).

Dende o Concello lembran tamén que en tódalas casas culturais (agás no Ézaro, debido ás obras de acondicionamento do local) deron xa comezo os cursos anuais de informática para nenos/as e adultos, nos que xa participan máis de 140 veciños.

Fonte e máis información