O Ézaro ilumínase con panorámicas
23 de agosto de 2013 (10:05 h.)
Begoña Corbal, fotógrafa e xornalista natural da Coruña pero voi vencellada á Costa da Morte en xeral e a parroquia dumbriesa de Berdeogas, en particular, xa ten o seu espazo no Centro de Interpretación de Rutas (CIR), situado na Casa de Pedra. Estes días, e ata o 31 de agosto, o CIR acolle a exposición "Panoramicamente Falando", da fotógrafa local Begoña Corbal.
O centro está aberto de luns a venres, de 10 a 20 horas (pecha os mércores) e sábado e domingo de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
Fervenza iluminada
Ademais, o martes 27, de 23.00 a 24.00 horas será unha das 18 noites de verán con iluminación da Fervenza do Ézaro, coincidindo coa chegada do gran pelotón.
Novas relacionadas
- Guía para disfrutar da Etapa da Fin do Mundo.
- 18 noites de verán para disfrutar da Fervenza do Ézaro iluminada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).