O pleno dumbriés aprobou o POS e a renovación do convenio cunha empresa eólica
O pleno de febreiro celebrado no Concello de Dumbría seriu para aprobar o POS así como o Convenio de Colaboración entre o Concello e EDP Renovables. Un convenio que deixa unha interesante cifra da colaboración da empresa portuguesa, promotora de varios parques eólicos no terreo municipal dumbriés, e que deixará 372.372 € no período de tempo que vai do ano 2026 ao 2029, ambos inclusive. A renovación do convenio foi aprobado con 8 votos a favor (6 do PSOE e 2 do PP), e a abstención do BNG.
O POS
Igualmente, pero por unanimidade, aprobouse o Plan Único POS+ 2026. 367.970,68 € serán empregados para gastos correntes no exercicio 2026, pero ademais se aprobaron diversos investimentos por case 300.000€:
- Mellora do núcleo de Prado: 70.268,27 €
- Mellora viario núcleo de San Crimenzo: 227.370,35 €
Para o Plan Complementario, en caso de haber fondos, proponse empregar 220.234,35 € na nenovación da cuberta do pavillón polideportivo de O Conco.