Raúl González deulle o relevo a Pequeño

Pequeño abraza a Raúl González

Emotiva presentación na Casa da Cultura de Olveira da nova lista do PSOE dumbriés. O relevo na cabeza de lista é unha das grandes sorpresas destas eleccións municipais do 28 de maio, como se demostrou coa fonda aperta, en clave de relevo, que José Manuel Pequeño lle deu a Raúl González.

Acostumado á segunda liña, Raúl saltou ao escenario para deixar claro que “hoxe celebramos o acto de presentación da miña candidatura, pero tamén é un acto de recoñecemento ó labor de Pequeño durante 40 anos”, afirmou o candidato tras 32 anos traballando ao seu carón. “O seu labor como alcalde é un exemplo de bo facer”, sinalou.

Raúl González na súa posta de longo

Raúl amosouse “moi ilusionado de poder encabezar a proposta do PSdeG para Dumbría despois de máis de 30 anos da miña vida traballando polo pobo”. “O noso obxectivo é seguir traballando como fixemos ata agora para que Dumbría siga sendo un referente na Costa da Morte”, indicou o candidato, que se comprometeu a “coidar do común, ofrecer servizos, cubrir as necesidades da xente e traballar por un rural moderno e á vangarda”.

Estivo arroupado ademais polo secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, e a concelleira María Lema Santabaya.

María Lema

 

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

ARTIGOS RELACIONADOS