Sofocado un incendio nunha vivenda de Berdeogas

A rápida intervención dos Bombeiros de Cee impediu danos maiores nunha vivenda do lugar de A Pedriña, na parroquia dumbriesa de Berdegoas, despois de que se incendiara a chimenea. Nada máis chegar ao punto, os Bombeiros arrefriaron exteriormente para baixar temperatura e posteriormente accederon ao teito polo faiado, a través dunha claraboia e asegurados cunha corda. Unha vez arriba, outro bombeiro pasaou unha liña de auga pola fachada da casa e con ela, no interior da cheminea, fixeron pulsacións cortas en forma de cortina para sufocar as lapas. Segundo sinalan, a extinción foi dificultosa debido á morriña que tiña a cheminea. O incidente tivo lugar pouco antes da media noite e os traballos de extinción remataron ao redor das 02:35 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Bombeiros de Cee.