Trío de ases do Club Ciclista Dumbría no Campionato Galego de 3 horas Resistencia BTT

  • Agustín Sousa, Iván Ferradás e Mario Castro rematan o campionato nos postos 20, 23 e 27 da categoría máster absoluta, respectivamente

 Este ano 2026 o Club Ciclista Dumbría acode cos seus tres membros máis activos ao Campionato Galego de Resistencia BTT, que consta de 6 probas puntuables e mais a Copa de Galicia da mesma modalidade.

Mario Castro Do Club Ciclista Dumbria

Os integrantes son Mario Castro, Kornecho, na categoría M30, na que alcanzou o terceiro posto, un mérito enorme para o club dumbriés.

Iván Ferradás do Club Ciclista Dumbria

Iván Ferradás, que aínda que non estivo nas dúas primeiras probas que o afastaron do podio na categoría M50, logrou quedar sempre entre os postos de cabeza e conquistar un meritorio sétimo posto nesta categoría. Confiamos en que o próximo ano pelexará polos postos de honra.

Agustín Sousa do Club Ciclista Dumbria

Agustin Sousa, de menos a máis en todas as carreiras, competindo na categoría con máis participación, a M40, quedando sempre ao redor do posto 10 da categoría.

Na clasificación final do Campionato Galego de 3h Resistencia, na categoría Máster obtiveron os seguintes postos:

  • Agustín Sousa, con 102 puntos, posto 20 máster
  • Iván Ferradás, con 90 puntos, posto 23 máster
  • Mario Castro, con 38 puntos, posto 27 máster