Un creadora do Ézaro representará á Costa no Culturgal
07 de novembro de 2013 (09:26 h.)
En breve a feira das industriais de Galicia, o Cultural, será unha realidade. Os 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, Pontevedra acollerá a meirande unión de proxectos culturais de todo o país. E alí teremos representación costeira.
Polo de agora, a que coñecemos a participación como finalista do proxecto O Creatorio, unha rede social, un directorio de todos os proxectos e persoas creativas do país.
Un Creatorio no que está inmersa Lúa Louro, unha moza do Ézaro protagonista de outras iniciativas como Orballa.
O Creatorio competirá con outra serie de proxectos seleccionados para o "Off Culturgal", que organiza a revista de tendencias Disquecool.
Sorte á nosa veciña!