Un libro dixital de Dumbría dende os ollos dos nenos

Menuda proposta tan fermosa a que está artellando o Departamento de Cultura do Concello de Dumbría. Crear un libro dixital sobre “Dumbría con ollos de nen@s”.

O proxecto, que naceu para conmemorar a celebración do Día Internacional do Libro, foi paralelo a fantástica Semana do Libro do CEIP Santa Eulalia, convirte aos máis pequenos en escritores e ilustradores, en creadores de historias nas que a súa vila é protagonista.

Nel plásmase “os sentimentos, as sensacións, como ven os máis pequenos o mundo que os rodea, o seu día a día, o seu entorno; o concello de Dumbría, en definitiva.

O Resultado é este fermoso Libro Dixital cheo de colorido e anécdotas, creatividade e ilusión”.

Novas relacionadas

Fonte