Unha asociación dumbriesa denuncia unhas obras de Pachi Vázquez en Ourense
Envía hoxe o PSOE de Dumbría un dos seus primeiros comunicados nos últimos tempos. E o fai para denunciar a utilización dunha asociación pantasma do PP para denunciar unha actuación urbanística do candidato do PSdG-PSOE e ex Consellleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez.
A asociación dumbriesa "Asociación Medioambiental As Lobeiras" vén de formalizar as únicas alegacións urbanísticas por unhas obras na vivenda de Vázquez, no concello de San Amaro, en Ourense.
Dende o PSOE dumbriés se preguntan como é posible que unha "asociación pantasma", que ten como representante ao activo popular Manuel Louro Díaz, denuncie unha obra ao outro lado do país.
Nese sentido denuncia o PSOE que se está vendo a "manipulación do PP, que atopou na asociación dumbriesa aos denunciantes perfectos". Vai máis alá e denuncian que "son os "Feijoos" e os "Ruedas" os que presumiblemnte lle puxeron a firmar a "Manoliño da Leisa" unhas denuncias que nada teñen que ver coa finalidade da Asociación medioambiental dumbriesa".
Novas relacionadas
- Imputado un veciño de Cee por unha escombreira ilegal nos montes de Dumbría.
- 14-09-09: PX e PP de Dumbría denuncian a destrución da maior colonia galega dun fieito en perigo de extinción.
Fonte
- Nota de prensa do Agrupación Socialista de Dumbría.