Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo

Despois dunha fin de semana na que se rexistraron cinco accidentes nas estradas da Costa da Morte, o día de hoxe volviu a saldarse cun novo caso. Nesta ocasión, unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico que tivo lugar sobre as 17:25 horas desta tarde na AC-552 á altura de Bustelo (Dumbría). No sinistro víronse implicados dous coches, un Kia Carens de 7 prazas - no que viaxaban 4 adultos e 3 nenos - e un Ford Mondeo, vehículo no que ía a persoa ferida. Todos puideron saír polo seu propio pé a excepción da muller que viaxaba no Ford Mondeo que se queixaba dunha forte dor no peito e que requeriu a intervención dos Bombeiros para axudala a saír pola parte traseira do lado acompañante. Ata o lugar do sinistro desprazouse tamén persoal da Garda Civil de Tráfico, o 061, membros de Protección Civil e persoal de Conservación de Estradas.  

Accidentes 2016-2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Bombeiros Cee