Foto do incendio en Denle de Ramón Santamaría
Cinco incendios en apenas dúas semanas. É o balance que colleita o termo municipal de Fisterra, auténtico pasto dos incendiarios neste verán.
Desta volta tocoulle á zona de Denle, parroquia de Duio, onde un incendio producido arredor das 5:00 da madrugada do pasado venres ao sábado, e activo ata as 20:00 da tarde do sábado, arrasou case que 13 hectáreas (raso e arborado), na contorna da praia de Arnela.
Numerosos medios acodiron ao lugar para controlar o lume, pero tardaron en controlalo durante 15 horas.
Foto do incendio en Denle, na zona da praia de Arnela, de Ramón Santamaría