As 20 necesidades básicas que a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra lles fai aos candidatos

Imaxes do caos que se xenera un día calquera na parada de bus de Fisterra

50 anos de andadura veciñal ten a Asociación de Vecinos de Fisterra "Costa da Morte”. Á fronte, o incombustible Fernando Carrillo, alcalde no seu tempo, que vén de preparar unha lista de peticións con asuntos prioritarios para o desenvolvemento do Concello.

  • Esixir á Xunta de Galicia a continuación da obra da Autovía Costa da Morte desde Santa Irene ata terminar en Berdoias, tal e como foi elaborado o proxecto inicial e incluído no Plan Galicia.
  • Pedir á Xunta de Galicia que se constrúa a variante ao porto de Brens para potenciar o desenvolvemento económico, industrial e de fomento do emprego da comarca de Fisterra.
  • Solicitar a Portos de Galicia que se execute a segunda fase do contradique que protexa do mar de vento do Nordeste ao porto de Fisterra desde a rivera Norte e se faga un recheo entre a punta do varadero e Súa Cruz para gañar espazo para labores portuarios, zona de aparcamentos e un heliporto.
  • Pedir a Portos de Galicia que se dote de instalacións náutico-deportivas ao porto de Fisterra, para que os nenos e mozos poidan gozar dos deportes náuticos.
  • Que se terminen as negociacións coa Autoridade Portuaria do Porto da Coruña para que as instalacións desafectadas para para o uso do servizo sinales marítimas no Faro de Fisterra pasen a ser administradas polo Concello de Fisterra para usos culturais e turísticos e fáganse as obras necesarias para pronta posta en servizo.
  • Que se consigan os terreos necesarios e se ofrezan ao SERGAS, para a construción do novo Centro de Saúde, o cal está proxectado desde hai 20 anos.
  • Que se constrúa unha nova Estación de Autobuses ante os problemas e perigos que ten a actual, por estar nun lugar inadecuado.
  • Que se busque unha solución á falta de aparcamentos no centro urbano de Fisterra durante a tempada alta de turismo e nos días de festa, xa que é un dos problemas máis graves para as persoas que nos visitan e que repercute directamente no sector hostaleiro.
  • Que unha vez que se terminen as obras de rehabilitación do Polideportivo Municipal se estableza un plan de mantemento, en atención á estrutura metálica da instalación e a súa proximidade ao mar.
  • Que se fagan as xestións necesarias, ante os organismos que proceda, para a rehabilitación integral dos paseos marítimos de Sardiñeiro e Langosteira, que ao longo do tempo fóronse deteriorando.
  • Que se promova a construción de vivendas de protección oficial para a mocidade e as persoas de escasos recursos poidan acceder a unha vivenda, ante o incremento dos prezos.
  • Que se aproben os símbolos distintivos de Fisterra como son o escudo (actualmente só se ten un anagrama) e a bandeira, os cales iniciaron a súa tramitación na década dos noventa do século pasado.
  • Que se contrate un equipo de especialistas en arquivística para ordenar e, na medida do posible, dixitalizar o arquivo municipal do Concello, ao ser o lugar onde se conserva o legado histórico de Fisterra.
  • Que se faga realidade a soñada Casa de Cultura e que se dote á Biblioteca Municipal dun local máis amplo e adecuado, no que se recupere o número e a importancia de libros que posuía, polo valor que esta ten para o estudo e a difusión da cultura.
  • Que ao ser considerado o porto de Fisterra como PORTO XACOBEO por Portos de Galicia, se estableza un control dos barcos en tránsito e se lles proporcione todos os servizos que lles permita unha estancia máis segura e confortable, ao ser un sector turístico moi importante.
  • Que se dote de beirarrúas á Avenida da Anchoa para que poida ser considerada como travesía urbana e póidanse colocar os pasos de peóns e reducirse a velocidade a 50 Km/h.
  • Que se aplique a normativa para evitar a caca dos cans polas rúas e procédase á limpeza das mesmas cunha rega de auga polo menos unha vez por semana durante o verán.
  • Que se continúe e se potencie a promoción turística do municipio a todos os niveis.
  • Que se regule o tráfico e o aparcamento na estrada ao Faro tendo en conta que agora é competencia do Concello de Fisterra.
  • Que se negocie a transferencia da fachada marítima do porto de Fisterra ao Concello de Fisterra, na zona na que non se realizan labores estritamente portuarios como é a praza e a zona de restaurantes.