As 20 necesidades básicas que a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra lles fai aos candidatos

10:01 24/05/23
50 anos de andadura veciñal ten a Asociación de Vecinos de Fisterra "Costa da Morte”. Á fronte, o incombustible Fernando Carrillo, alcalde no seu tempo, que vén de preparar unha lista de peticións con asuntos prioritarios para o desenvolvemento do Concello.
- Esixir á Xunta de Galicia a continuación da obra da Autovía Costa da Morte desde Santa Irene ata terminar en Berdoias, tal e como foi elaborado o proxecto inicial e incluído no Plan Galicia.
- Pedir á Xunta de Galicia que se constrúa a variante ao porto de Brens para potenciar o desenvolvemento económico, industrial e de fomento do emprego da comarca de Fisterra.
- Solicitar a Portos de Galicia que se execute a segunda fase do contradique que protexa do mar de vento do Nordeste ao porto de Fisterra desde a rivera Norte e se faga un recheo entre a punta do varadero e Súa Cruz para gañar espazo para labores portuarios, zona de aparcamentos e un heliporto.
- Pedir a Portos de Galicia que se dote de instalacións náutico-deportivas ao porto de Fisterra, para que os nenos e mozos poidan gozar dos deportes náuticos.
- Que se terminen as negociacións coa Autoridade Portuaria do Porto da Coruña para que as instalacións desafectadas para para o uso do servizo sinales marítimas no Faro de Fisterra pasen a ser administradas polo Concello de Fisterra para usos culturais e turísticos e fáganse as obras necesarias para pronta posta en servizo.
- Que se consigan os terreos necesarios e se ofrezan ao SERGAS, para a construción do novo Centro de Saúde, o cal está proxectado desde hai 20 anos.
- Que se constrúa unha nova Estación de Autobuses ante os problemas e perigos que ten a actual, por estar nun lugar inadecuado.
- Que se busque unha solución á falta de aparcamentos no centro urbano de Fisterra durante a tempada alta de turismo e nos días de festa, xa que é un dos problemas máis graves para as persoas que nos visitan e que repercute directamente no sector hostaleiro.
- Que unha vez que se terminen as obras de rehabilitación do Polideportivo Municipal se estableza un plan de mantemento, en atención á estrutura metálica da instalación e a súa proximidade ao mar.
- Que se fagan as xestións necesarias, ante os organismos que proceda, para a rehabilitación integral dos paseos marítimos de Sardiñeiro e Langosteira, que ao longo do tempo fóronse deteriorando.
- Que se promova a construción de vivendas de protección oficial para a mocidade e as persoas de escasos recursos poidan acceder a unha vivenda, ante o incremento dos prezos.
- Que se aproben os símbolos distintivos de Fisterra como son o escudo (actualmente só se ten un anagrama) e a bandeira, os cales iniciaron a súa tramitación na década dos noventa do século pasado.
- Que se contrate un equipo de especialistas en arquivística para ordenar e, na medida do posible, dixitalizar o arquivo municipal do Concello, ao ser o lugar onde se conserva o legado histórico de Fisterra.
- Que se faga realidade a soñada Casa de Cultura e que se dote á Biblioteca Municipal dun local máis amplo e adecuado, no que se recupere o número e a importancia de libros que posuía, polo valor que esta ten para o estudo e a difusión da cultura.
- Que ao ser considerado o porto de Fisterra como PORTO XACOBEO por Portos de Galicia, se estableza un control dos barcos en tránsito e se lles proporcione todos os servizos que lles permita unha estancia máis segura e confortable, ao ser un sector turístico moi importante.
- Que se dote de beirarrúas á Avenida da Anchoa para que poida ser considerada como travesía urbana e póidanse colocar os pasos de peóns e reducirse a velocidade a 50 Km/h.
- Que se aplique a normativa para evitar a caca dos cans polas rúas e procédase á limpeza das mesmas cunha rega de auga polo menos unha vez por semana durante o verán.
- Que se continúe e se potencie a promoción turística do municipio a todos os niveis.
- Que se regule o tráfico e o aparcamento na estrada ao Faro tendo en conta que agora é competencia do Concello de Fisterra.
- Que se negocie a transferencia da fachada marítima do porto de Fisterra ao Concello de Fisterra, na zona na que non se realizan labores estritamente portuarios como é a praza e a zona de restaurantes.