3 casas rurais da Costa reciben a Q de Calidade Turística

Mellora a bisbarra en materia de calidade turística. E sabe que o futuro está no turismo de calidade. Nesa liña traballan varios dos establecimentos da zona, buscando esta certificacións que serven a un tempo de publicidade e de confianza no cliente. Así, esta semana coñecemos que 3 novas casas rurais, pertencentes á APTCM, reciben a Certificación Q de Calidade que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Concretamente dúas xa a recibiron, como son a Casa de Trillo (Muxía) e Casa O Arrueiro (Laxe). A estes dous establecementos sumarase en breve o Hotel Rústico Ínsula Finisterrae (Fisterra) que será certificado proximamente. Estas novas certificacións únense aos establecementos da zona que contan co recoñecemento da Q como son o Pazo do Souto (Carballo), o Balneario Baños Vellos (Carballo) e Casa Perfeuto María (Outes) . Compromiso e mellora A importancia da Q radica no compromiso empresarial por acadar a satisfacción do cliente nunha dinámica de mellora continua de produtos e servizos o que supón unha vantaxe competitiva para aqueles establecementos que a acadan pero tamén contribúe moi positivamente a recalcar a imaxe de calidade da Costa da Morte. Desde a Asociación APTCM agardan que estas nos sexan as últimas certificacións porque somos conscientes da calidade dos establecementos dos nosos socios e do seu traballo diario por facer que cada visitante e cada cliente reciba o mellor trato posible.