Rematadas as obras de renovación dos departamentos para mariñeiros do porto de Fisterra

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 320.000 euros na renovación dos departamentos para mariñeiros de Fisterra. A titular do ente público, Natalia Botana, visitou onte as obras, que xa están rematadas e que permitirán mellorar as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nesta dársena. 

As obras consistiron na reposición da antiga cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión en que xera a súa forte exposición ao ambiente mariño. Ademais executouse unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituíronse os canlóns e baixantes.  

Dado que os departamentos tiñan que atoparse baleiros para a execución dos traballos, previamente ao inicio dos mesmos procedeuse á instalación provisional duns contedores marítimos na contorna do edificio, para uso dos usuarios dos departamentos en obras, de xeito que puideron manter a súa actividade de xeito continuado.