75 novos pequenos creadores de APPs en Fisterra

Teresa Fernández e Kuka Sar entregando os diplomas na Clausura do Curso de Informatica de Fisterra

O Concello de Fisterra tivo o xoves, 23 de agosto o acto de clausura dos cursos de informática e creación de apps para dispositivos móbiles para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos levados a cabo durante os meses de xullo e agosto.

A clausura celebrouse no salón de actos do Concello de Fisterra e a entrega de diplomas correu a cargo da Concelleira de Cultura, Educación e TIC´s Teresa Fernández Martínez e o tenente de alcalde Xan Carlos Sar Oliveira.

Foron un total de 75 participantes os que tiveron a oportunidade de aprender dende os primeiros contactos coas novas tecnoloxías ata programas de creación e edición de videos, música, retoque dixital , linguaxes de programación, aplicacións web e creación de apps.