A unidade móbil do Centro de Transfusión de sangue visita Malpica

O Centro de Transfusión de Galicia e o  concello de Malpica veñen de poñer en marcha unha campaña especial de doazón de sangue en Malpica e Buño. Unha unidade móbil desprazarase o luns 4 á capital municipal. O vehículo estará a disposición das persoas que queiran sumarse a este acto solidario diante do Centro Cívico, en horario de 10:30 a 14 e de 16:30 a 21 horas. O martes 5 a unidade móbil estará diante do Teleclub de Buño dende as 16:30 ata as 21 horas. En varias ocasións, a Costa da Morte mostrou a súa solidaridade neste eido. A última foi o repunte de doazóns que se rexistrou en Fisterra despois de que os alumnos do IES Fin do Camiño promovesen unha campaña de concienciación pola que foron premiados.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica