Aberto o prazo de matrícula para os cursos de música en Fisterra

Xa está aberto o prazo de inscricición nas diferentes clases de música organizadas pola concellería de Cultura de Fisterra. Ao longo do presente ano impartiranse clases de frauta, gaita, tambor, guitarra, saxo, bandurria e laúde. Os cursos están destinados a nenos e neas maiores de 7 anos e a adultos e as clases terán lugar os venres pola tarde. O interesados en participar deberán anotarse antes do 6 de outubro na concellería de Cultura en horario de 9:30 a 15 horas ou no número de teléfono 981 74 00 01 ext 1. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fisterra