Aparatoso accidente en Fisterra
19 de xuño de 2021 (16:17 h.)
Esta pasada noite tamén se rexistrou un accidente en Esteiro
Este mediodía de sábado, pasadas ás 13:00h, tivo lugar un accidente en Hermedesuxo de Abaixo, Fisterra. Un vehículo sufría unha saída de vía, e bateu nun poste de formigón da electricidade quedando transversal a estrada coa parte dianteira sobre do muro de
terra que fai de peche dunha finca.
No vehículo viaxaban catro persoas en total, tres saíron polo seu pé e esta que tivemos que excarcerar para saír, non podía pola deformación do vehículo e a posibilidade de lesións graves.
Os Bombeiros tiveron que retirar o teito para excarcerar á acompañante, que foi trasladada, ferida leve, o hospital nunha ambulancia do 061.
Acodiron Protección Civil de Fisterra, Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico, Helicóptero 061, Bombeiros Cee.