Aparece aforcada unha muller en Fisterra

Este mediodía aparecía na praia Langosteira unha muller con signos de aforcamento. Segundo fontes policiais tratábase dunha peregrina estranxeira con arredor de 20 anos.

Un veciño da zona atopábase ca situación arredor das 13:35h e chamaba ao 112, dende onde mobilizaron a Urxencias Médicas e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).