As Anpas da Costa da Morte organizan unhas xornadas en Fisterra

Tras un intenso ano académico, a Federación de Anpas da Costa da Morte e a Confederación de Anpas Galegas organizan unhas xornadas "con actividades formativas, lúdicas e de confraternización" en conlaboración co concello de Fisterra que terán lugar a vindeira fin de semana. As xornadas "Anpas Galegas na Fin do Mundo" comezan o sábado, día 21, coa presentación o salón de plenos do concello fisterrán a cargo de - presidente da Confederación Anpas Galegas- e  Teresa Fernández Martínez - concelleira de Educación de Fisterra -. De seguido terá lugar a sesión dos "Concellos Educadores" moderado por Javier Sánchez e nos que particparán Teresa Fernández Martínez - concelleira de Educación de Fisterra-; Carme Fouces Díaz - concelleira de Educación de Pontevedra-; Silvia Cameán Calvete -concelleira de Educación de A Coruña-; Mar Eirís Villar - concelleira de Educación de Carballo-; Olga Alonso Suárez - concelleira de Educación de Vigo -  e Jesús Basterrechea López - concelleiro de Educación de Ferrol- . Xa pola tarde - de 17 a 18:45 horas- María Carmen Loureiro (licenciada en Psicoloxía, profesora no IES da Illa de Arousa) encargarase de falar de "A xestión das emocións. A Educación Emocional". A  continuación intervirán María Lado e Lucía Aldao con "Era poesía e ti non o sabías". A cea e os debates terán lugar a partir das 21:30 horas no hotel Áncora de Fisterra. As xornadas na "Fin do Mundo" continúan o domingo, día 22, cun roteiro que terá lugar entre as 11 e as 13:30 horas no que se analizarán o recursos educativos da contorna de Fisterra. Os interesados en participar deben inscribirse premendo aquí. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Anpas Galegas