As charlas sobre saúde das NNXX foron todo un éxito de participación

Máis de 120 persoas asistiron o pasado venres, día 5, a conferencia organizada por Novas Xeracións de Fisterra no Fogar do Pensionista da Vila do Cristo. Os temas a tratar foron sobre os sistemas de alerta e patoloxías dixestivas a cargo de Alfonso Gulías, ciruxano e do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. A charla estaba prantexada para a xente maior, que respondeu acodindo e participando. Así foron moitas as preguntas formuladas polos asistententes, que se amosaron moi interesados no tema.

Vindeiras citas

A próxima cita é este venres, día 12, ás 20:30 horas no mesmo lugar. Pero esta vez a conferencia estará relacionada coa diabetes e outras patoloxías renais. A persoa encargada da mesma será Cándido Díaz Rodríguez, nefrólogo e Director médico do Hospital Virxe da Xunqueira, esperando a mesma participación e incluso máis.

En decembro para os máis novos

Estas son algunhas das actividades programadas pola agrupación de Novas Xeracións do partido popular e no mes de decembro estará destinado aos máis novos. Ademais o día de Noiteboa sairán a rúa cun Belén Viviente animando esa tarde con panxoliñas, polo que se convoca a todos os colexios, coros e xuventude que se queren participar no mesmo deberán de poñerse en contacto coa organización. Pero isto non é todo, xa que aqueles rapaces e entrenadores adicados ao fútbol, contarán cun curso orientado a lesións e calentamentos no mundo dese deporte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das NNXX de Fisterra.