Atopan ao octoxenario que desaparecera esta pasada tarde en Sardiñeiro

O home foi atopado nunha zona forestal entre Sardiñeiro e Fisterra

Esta pasada tarde de luns 11 de marzo desaparecía unha en Sardiñeiro. Trátase dun home duns 80 anos, con alzheimer, que non voltaba a casa.

As xentes do lugar fisterráns coordinábanse pola noite para facer unha búsqueda. Patearon o monte de arriba abaixo ata as 3 da madrugada, pero non atoparon nada.

O dispositivo reactivouse coas primeiras luces da mañá e arredor das 12:00h da mañá varios veciños e membros de Protección Civil de Fisterra e da Garda Civil o atopaban sentadiño no medio do monte, entre Sardiñeiro e Fisterra.

O home foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira.