Buscan en Fisterra un mozo de Lousame desaparecido esta semana

Dispositivo de busca do mozo de Lousame desaparecido por Fisterra

Esta mañá de sábado, a Garda Civil continuará co operativo de búsqueda dun mozo de Lousame desaparecido en Ribeira este pasado mércores 26 de outubro. O mozo, de 24 anos, desaparecía no seu coche, que precisamente era atopado duranta a tarde venres nas inmediacións da antena Marconi, no termo municipal de Fisterra.

Un peregrino atopara unhas chaves e un teléfono o pasado xoves nas inmediacións do Cabo Fisterra, e as entregara no Semáforo. Esta mañá de venres, unha das traballadoras, buscando información sobre o propietario, acabou falando co pai do mozo, que de contado avisou a Garda Civil para comezar o dispositivo de búsqueda pola vila do Cristo.

Un helicóptero acompañou aos membros da Garda Civil e de Protección Civil na búsqueda do mozo tanto nas inmediacións de Marconi como nas pedras do Cabo Fisterra, pero polo de pronto sen sorte.

Como explica o teniente alcalde fisterrán, Kuka Sar, xa na zona dende o primeiro momento, durante a mañá do sábado continuará o dispositivo con máis medios, mesmo a presencia dos GEAS.

O coche do mozo de Lousame desaparecido nas inmediacions de Marconi-Fisterra
Helicoptero da Garda Civil buscando por Marconi  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).