#CamiñoClean: Andando para devolver o esplendor ao Camiño

Familia do Camiño Clean pola costa de Fisterra

Máis de 40 persoas estiveron este pasado sábado pola Costa da Morte camiñando e recollendo quilos e quilos de lixo e residuos. O proxecto “Camino Clean”, da axencia arousana de viaxes Tee Travel, chegaba por primeira vez á nosa bisbarra, para percorrer os 8 km que separan a Praia do Rostro e Lires polo Camiño dos Faros. Unha ruta que combina espectaculares praias con pequenos bosques, polo que ademais de crear conciencia ecolóxica os participantes gozaron da espectacular paisaxe que ofrece a costa de Fisterra.

Os participantes, camiñantes amantes da natureza, chegados desde Vilagarcía e Santiago de Compostela, e de todas as idades (había moitos nen@s), andaban e enchían de lixo as súas bolsas de plástico. Todo co afán de conservar un dos nosos meirandes recursos naturais, o a nosa costa, ao tempo que se fomenta un turismo responsable coa contorna. Esta iniciativa responde a un novo modelo de turismo que buscan promover desde Tee Travel, un turismo responsable e sostenible non sóo co medio ambiente senón, tamén, co patrimonio e cidadáns locais.

Camiño Clean non finaliza tras esta xornada, senón que é un proxecto que alcanza más allá da mesma, xa que se busca concienciar aos viaxeiros, sobre todo, ás xeracións futuras. É un movemento aberto a calquera persoa ou organización que este" interesado na conservación do medio ambiente. Mar Rodríguez Meseguer, directora da axencia promotora da iniciativa, ha señalado que "en Tee Travel cremos firmemente na sostenibilidad ambiental como liña de traballo para mellorar a empresa e o planeta.”

A vindeira cita percorrerá o Camiño de Santiago.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosa.com).