Cine e música para a finde do Apóstolo na fin do Camiño

O Concello de Fisterra celebra o Día de Galicia e Santiago Apóstolo cunha fin de semana chea de cultura na Fin do Camiño, no marco do seu programa estival. Fisterra presenta unha programación cultural para desfrutar en familia e ao aire libre, con cinema, música e baile.

Arrinca xa o venres, 24 de xullo, cunha nova sesión Cine na Rúa. Desta volta toca, ás 21:00h na Praza da Constitución a Proxección da película RONDALLAS, unha peli rodada nas Rías Baixas, con presenza costeira, xa que a protagonista é corcubionesa.

A xornada do sábado, o propio Día de Galicia, toca Concerto da Banda de Música de Cee, ás 12:00 horas, no Porto de Fisterra.

E xa o domingo, 26 de xullo, Baile Social de Verán, coa actuación de Claudia Zurita. A cita, ás 20:00 horas no Mercado Cultural.