Comeza o curso musical en Fisterra
27 de setembro de 2017 (07:55 h.)
Xa se poden inscribir novos cursos de música 17/18 que se van dar en Fisterra. Frauta, Frauta travesera, gaita, tambor, tamboril, saxo e linguaxe musical son as materias que se impartirán este ano para nenos a partir de 6 anos e adultos.
Cómpre inscribirse na Concellería de Cultura de 9:30h a 15:00h ou no 981 74 00 01 antes do 6 de outubro. A reunión final será o venres 6 de outubro ás 17:30h na Aula de Música situada no CeMIT, na Rúa da Cerca.
Fonte
- Fisterra.