Comezan as obras de mellora da estrada de Fisterra

Xa están en marcha as obras de rehabilitación do firme na AC-445, concretamente nas travesías de Fisterra e A Anchoa. Estas actuacións, postas en marcha pola consellería de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia, forman parte dun paquete de reforzos de firme, adxudicado á empresa Nemesio Ordóñez S.A, por un importe de preto de 417.000 euros. Este paquete, ademais das obras que veñen de iniciarse na AC-445, inclúe outras nas travesías das estradas AC- 544, en Bertamiráns; AC-455, en Portomouro; e AC-196, en Ponte Nafonso. Os traballos comezados na AC-445, no concello de Fisterra, levaranse a cabo no treito comprendido entre os puntos quilométricos 11 e 13,210, polo que se mellorará o estado do firme ao longo máis de dous quilómetros. Tense previsto que as obras neste tramo rematen na primeira quincena de xullo. O proxecto contempla o estendido dunha nova capa de rodadura en toda a sección transversal e se completará co repintado das marcas viais. Tras o remate do reforzo de firme no concello de Fisterra, as actuacións continuarán nas outras estradas obxecto do contrato.   Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería Infraestructuras e Vivenda