Destacan a importancia dos socorristas na campaña estival

Visita institucional aos socorristas da Langosteira

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Fisterra, Luis Ínsua, visitou onte a praia de Langosteira, para supervisar o funcionamento do servizo de Socorristas que conta co apoio da Xunta, concretamente, a este Concello lle permitiu contratar a dous socorristas.

Estes apoios son posible grazas á orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para financiar a contratación de socorristas por parte dos concellos que ten obxectivo garantir a seguridade nas praias, piscinas ou outras instalacións acuáticas descubertas durante os meses de verán.
A Xunta destina 1,5 millóns de euros a 186 concellos ou mancomunidades beneficiarios. Enrte eles, a comarca de Bergantiños e Costa da Morte, contaron
con estes apoios 11 concellos por un importe total de preto de 111.000 euros.

A representante do Goberno autonómico explicou que estas subvencións concédense en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais ou instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal no período entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.