Deteñen a un fisterrán con cocaína e metanfetaminas

Volven as drogas copar a actualidade fisterrá. Se onte falabamos do complicado xuízo polo asasinato dun veciño hai 5 anos, hoxe damos conta dunha nova detención por posesión de estupefacientes.

Axentes da Garda Civil de Carballo sorprenderon onte a un veciño de Fisterra, de 48 anos, con 10 doses de cocaína que gardaba no interior do seu domicilio. Xunto coa droga apuntada os gardas lograron incautarse tamén de 50 gramos de metanfetamina, unha báscula de precisión, envoltorios de plástico para a elaboración de papelinas, diferentes fármacos para o corte de sustancias estupefacientes, 400 euros en billetes fraccionados e unha máquina para contar billetes.

Ao detido imputóuselle un delito contra a saúde pública e os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Un de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.