Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016

Imaxe do incendio de Sardiñeiro do pasado agosto de 2016-Maria Jose Martínez

J.M.D.S., veciño de Sardiñeiro, foi detido esta mañá de venres pola Patrulla do Seprona de Corcubión e levado aos Xulgados de Corcubión, logo dunha intensa investigación encamiñada a esclarecer a autoría dos incendios forestales ocorridos na localidade de Sardiñeiro desde agosto de 2016.

Malia que ningún dos incendios chegou a ser de grandes magnitudes grazas á rápida intervención dos veciños e os medios de extinción para sufocalos, si que ocorreron en lugares onde era habitual o tránsito de persoas. Unha das zonas abrasadas afectou a 0.2 Ha de arborado a 50 metros de vivendas, o cal creou unha gran alarma social entre os veciños que temían por verse afectados e pola gran cantidade de incendios que estaban acontecendo.

J.M.D.S. confesouse culpable ante a Garda Civil cando estes presentáronlle as probas que lle relacionaban cos feitos. Cómpre destacar que en 2014 xa foi detido como autor de 7 incendios forestais.

Incendios forestais 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).