Detido en Fisterra tras ser gravado polo móbil roubando un coche

Este pasado venres, arredor das 18:00 da tarde, a Policía Local coa colaboración da Garda Civil de Muxía procederon á detención de un veciño de Fisterra acusado de roubo con forza no interior de un coche estacionado no parking do faro. Foi un veciño quen avisou á Garda Civil, mentres gravaba un vídeo co seu móbil o intentou de roubo.

Dende a Policía Local agradecen a colaboración cidadá para proceder a esta detención.

A Garda Civil vai investigar se podería ser o autor de varios roubos semellantes que houbo durante o verán.