"Eros" fica o Bela Fisterra
Singular iniciativa a que acollía esta fin de semana o sempre innovador Hotel Bela Fisterra. A instancia de Pilar Astray, escritora madrileña con corazón galego, o establecimento de Pepe Formoso acollía un retiro literario no que varios escritores e escritoras participaron escribidno unha novela curta erótica.
Foi unha fin de semana de grandes emocións, que permitiu que os e as participantes gozasen dun espazo inspirador como a fin da terra, ademais da liberdade creativa para crear este curioso certame.
Foron os 8 relatos presentados (7 a concurso), todos ambientados en Fisterra, e que formarán parte dun libro erótico, moi lonxe do mundo pornográfico.
Finalmente o gañador foi “El Tacto˝ de María Nieto, pero a experiencia foi fermosa para todas.