A falta de sacerdote impide a apertura da Porta Santa en véspera das celebracións xubilares do 25 de xullo

Periodistas da Liga diante da Puerta Santa de Fisterra, pechada.

A comezos de ano a propia Xunta de Confrarías emitía un sentido manifesto sobre a “próxima apertura” da Porta Santa, onde explica que implica para o ano Xacobeo. A realidade é que xa pasou Semana Santa, e esteamos en vésperas das celebracións Xubilares do 25 de xullo e a porta segue pechada, para frustación dos centos de fieis e peregrinos que por alí pasan.

Así o denuncia a Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño Francés a Santiago, que esta semana se achegaba á Igrexa Santa María das Areas para comprobalo, e sumarse ao cúmulo de entidades que piden a súa reapertura.

A causa é que Fisterra segue sen sacerdote. Pasa do ano dende que a vila do Cristo non ten sacerdote propio, e a Igrexa mantén a actividade gracias ao párroco de Sardiñeiro. Pero para realizar unha acción tan solemne como a apertura da Porta Santa, tería que ser o párroco en propiedade o que a autorice.

Antón Pombo considera que “recuperar o ritual de apertura desta porta contribuiría decisivamente a reforzar o sentido cristián da prolongación a Fisterra, que responde a unha integración na lenda jacobea medieval elaborada desde a propia catedral compostelana”.

NOVAS RELACIONADAS