A fin da terra recibiu a visita do Club Maserati
31 de marzo de 2025 (12:58 h.)
Visita singular a que recibiu este domingo a Costa da Morte. Unha vintena de coches (a maioría Maserati e un par de Ferraris) chegaban ata o Faro da fin da terra procedentes de diferentes puntos de España. No marco dunha excursión do Maserati Club España, viñeron dende Muros todo pola Costa deixando unha estela singular.
Despois da visita ao Cabo Fisterra, comeron no Fragón, en San Martiño de Arriba, unha das referencias gastronómicas da Costa da Morte, onde comeron un consomé de caldo, percebes e vieiras e rodaballo. Os grandes triunfadores foron os percebes, pois moitos dos presentes nos os probaran aínda.