Fisterra busca o compromiso veciñal co lixo e coa recollida das feces dos animais
Interesantes e sempre necesarias as campañas municipais que vén de lanzar o Concello de Fisterra, baixo o lema “Comprométome con Fisterra”.
Entendendo que a vila, as praias, os montes… son de todos, o Concello pide concieciación á hora do lixo, informando da existencia dun servizo de recollida de voluminosos. Só hai que chamar ao Concello (981 740 001), que che darán unha data na que podes deixar os mobiles, electrodomésticos, trastes ou outros elementos voluminosos, á porta da casa. Así evítase verteduras incontroladas e posibles sancións
Igualmente, o Concello tamén ten un problema cos de cans. As cacas dos canso son un clásico difícil de controlar, de aí a necesidade de concienciar aos propietarios da necesidade de recoller as feces e utilizar as papeleiras (o concello dispón de dispensadores de bolsas) ou de levar unha botelliña para limpar ous ouriños para manter os espazos limpos.